O último barco – Domingo Villar

This post is also available in: Spanish English

Recensión de O último barco – Domingo Villar

Non sei se pagou a pena agardar 10 anos pola terceira entrega de Leo Caldas. O caso é que a min gustoume moito.

Conseguín o libro antes de tempo porque teño quen me proporcionou exemplares de promoción, tanto en galego como en castelán. Eu lin o libro en galego, aínda que lle faltaba a revisión final, e teño que dicir que o notei. Había algunhas incorreccións que, ás veces, cortaban o fluxo natural da lectura.

Imos ao que interesa.

A trama, moi boa, parte da desaparición da filla do doutor Andrade, e non se sabe que foi dela, se está morta ou fuxiu, ata ben entrada a historia. Caldas, partindo do suposto de que a muller está defunta, e non por propia vontade, atopa algúns sospeitosos. Pero ata case o final non imaxinas quen é o malo, por certas pistas que empezan a encaixar. E non hai que perder de vista o prólogo.

A narración non é que sexa en tempo real pero é moi polo miudo, e de aí ven, supoño, o número de páxinas.

Os personaxes moi bos, coma sempre, sobre todo o pai de Caldas, e o interese mantense ata o final.

Moi recomendable e a ver se a próxima non tarda tanto.


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *