Autor:

Odón L. Abad Flores



Lugar: Sada
Editorial: Ediciós do Castro
Año de publicación: 1980
ISBN: 8474920248


Idioma: Gallego
Formato: Impreso
373 visitas
1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Cargando…
Scan the QR Code

 

XUSTIFICACIÓN

Que ha ser breve.
Emporiso, coido que poIa miña banda é unha obriga xustifica-Ia publicación destas Estampas, porque sete delas xa viron a luz en castelán dende fai quince anos (1964) en ‘La Voz de Galicia’ e coido que a titulada ‘Pepiño vai á vila’, publicouse o 22 do Nadal de 1966. Tal xustificación é, nembargantes, unha doada angueira porque das outras doce Estampas que, coas sete, compoñen este libriño, nove non pasaron entón a censura sen que o Xornal, nin o seu Director daquela, tiveran delo culpa ningunha. Xa que logo, ben se entende que queira aproveitar o aire de libertade que hoxe estamos a respirar pra espalla-lo pensamento propio e que, así, faga esta xuntanza de pequenas narracións encol da vida do meu amigo Pepiño.
Ningún feito importante (agás que unha vaca fale) e ningunha situación sociolóxica son irreales nestas Estampas. Algunhas delas, como é lóxico, son as miñas mesmas esperencias persoales de neno, ou fun testigo delas. Pola outra banda, Pepiño foi sempre, tamén, un neno real, non maxinado.
Somentes quero engadir que as sete Estampas xa publicadas en ’La Voz de Galicia’ son as que corresponden, neste libriño, ós números 1, 2, 3, 4, 6, 15 e 17. Nembargantes, o feito narrado na Estampa número 18 titulada ‘A escopeta do sal’ foi tamén publicado no devandito Xornal o día 2 de setembre de 1965, pro non coma unha vivencia máis dun Pepiño.
Engadiréi, tamén, que á Estampa número catro ‘O grao do corvo’ concedéuselle o ‘Premio Fernández Latorre’ do ano 1964.
As que non puiden publicaren por mor do seu contido e crúas espresións foron a 5 ‘O día do Preceuto’ (lóxico); a 7 ‘A Ceguiña’ (feridora); a 8 ‘As eleccións’ (¡madia leva!); a 9 ‘As vacas de Pepiño’ (ruin); a 10 ‘Festas e festixolos’ (denigrativa); a 13 ‘Os medos do pai de Pepiño (anticaciquil); a 14 ‘Pepiño na escola’ (pornográfica, malia que a poesía de Pepiño ainda se cante hoxendía); a 16 ‘A historia do Xan’ (mensaxeira) e a 19 ‘O Anticristo’ (xa polo título e, ainda máis, anti-réxime). As Estampas 11 e 12 non tiven oporunidade de dalas ó prelo. De seguro non terían atranco ningún.
Teño, tamén, que lembrar neste intre o que non esquecín (coma ben nado) ó longo dos anos: o azo que supuxeron pra mín as críticas ós meus traballos daquela época, publicadas na ‘Revista de Economía de Galicia’ (Editorial Galaxia). Soupen daquela que o galeguismo deixara na casa semente dabondo pra rexurdir.
O feito de que cada Estampa sexa unha testemuña dos últimos anos non me xustifica, emporiso, de te-la afouteza, no intre de facer esta publicación, de acompañalas con candasúa estampa plástica correspondente. A execución plástica permitiume verquer i espresa-lo amor ó traveso da man dun xeito tan directo que a man, e un mesmo, trema. E pra mín, prá miña satisfacción, non importa descoñece-la técnica que, dende logo, fai falla pró fenómeno da transmisión do sentimento, porque o arte, coma o amor, é un cultivo mental. Xa vostedes se decatarán que non son pintor, pro esta actividade supuxo pra mín, xa que logo, unha íntima satisfacción e o achádego, nos óleos, dun vieiro de realización persoal asoballante.
E remato xa pedíndolles que disimulen, tamén, tódalas chatas que atopen na utilización, ainda conflictiva, dunha lingua que adeprendín de neno na aldea, a carón de tantos Pepiños coma foron os meus compañeiros na escola da Cima e que hoxe, e sempre, serán o máis importante que, pra mín, ten a nosa terra.
ODON L. ABAD FLORES
Agra de Samoedo, Abril do ano 1979

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies